Octo > Comunicación > Os nosos avós e avoas educadores

Os nosos avós e avoas educadores

por | Nov 27, 2017 | Comunicación, Imagen

Compartimos convosco a versión curta dun video que realizamos para Cruz Vermella para poñer en valor o labor educador de todos os avós e avoas. Os nosos maiores xogan un papel moi importante na educación dos nosos fillos e tamén son unha peza crave para conseguir a tan ansiada conciliación familiar. Pero, sobre todo, o seu amor, a súa dedicación, as súas vivencias e a súa experiencia de vida contribúen a manter as tradicións e a cohesionar as distintas realidades familiares.

Cruz Vermella puxo en marcha un programa, co financiamento da Xunta de Galicia, pensado para ofrecerlles apoio e, tras dous anos de percorrido, quixo facer este vídeo para darlles as grazas. Desde Octo sumámonos a este agradecemento.

ACTUALIDAD OCTO

Mantente al día en el sector con todas nuestras novedades!

Archivos

Categorías